Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco anula a axenda deste sábado por unha "lixeira gripe"

O papa Francisco anula a axenda deste sábado por unha "lixeira gripe"

A finais de novembro, o pontífice sufriu unha bronquite pola que tivo que anular algúns dos actos previstos

O pontífice a pasada semana O pontífice a pasada semana
G24.gal 24/02/2024 09:44

O papa Francisco "ten unha lixeira gripe e anulou por precaución as audiencias previstas" para este sábado, informou o Vaticano. Este sábado tiña previsto recibir os diáconos da diocese de Roma en audiencia.

A finais de novembro, o pontífice sufriu unha bronquite pola que tivo que anular algúns dos actos previstos e celebrar o rezo do angelus no palacio pontificio e non asomado á xanela na praza de San Pedro. Tamén tivo que ser substituído por un colaborador para ler os seus discursos.

Despois recuperouse totalmente e mesmo o 8 de decembro acudiu á praza de España á tradicional homenaxe á Virxe da Inmaculada. Agora, volve interromper as actividades programadas por un problema de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos