O papa asegura que non visitará España proximamente
Francisco participou nun viacrucis con milleiros de mozos
Por segundo día, Francisco percorreu as rúas de Lisboa en papamóbil ata chegar ao parque Eduardo VII, onde se concentraban milleiros de persoas para participar no viacrucis.
Durante todo o camiño foi saudando e parou a comitiva en numerosas ocasións para bendicir nenos e tamén para atender os asistentes.
Un grupo de mozos representou as catorce estacións do camiño da Cruz ante a presenza de Francisco, que falou da dor e a desesperanza como unha parte máis do camiño vital da humanidade.
"Reflexionen e pensen se choraron ultimamente... Todos temos algo polo que chorar", dixo Francisco.
Pola mañá o Papa desprazouse ata un barrio da periferia de Lisboa, onde visitou un centro da orde de San Vicente Paúl que alberga nenos, maiores e persoas con discapacidade.
Fóra da axenda, Francisco confirmou nunha entrevista que o seu obxectivo é visitar todos os países pequenos de Europa, e que non virá nin a España nin a ningún outro dos grandes ata que remate ese cometido.