Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. supera con autoridade á Arandina (2-0)

O Ourense C. F. supera con autoridade á Arandina (2-0)

Os locais conseguen o liderado grazas a un doblete de Amín

Os de Álex Izquierdo suman seis partidos consecutivos sen recibir gol

G24.gal 28/01/2024 17:50

O Ourense C. F. superou por 2 a 0 á Arandina nun partido en que levou a iniciativa en todo momento, xa que os visitantes se dedicaron a defender e saír ao contragolpe.

O Ourense saíu decidido a conseguir tres puntos vitais, e practicamente obrigatorios, tendo en conta que recibía o pechacancelas da liga. As primeiras tentativas non levaron a bo porto e o resultado inicial perdurou durante moitos minutos no marcador. Ata que no minuto 40, un derribo na área visitante é sinalado como penalti polo colexiado e transformado de forma brillante por Amín. Foi o propio xogador local o que dous minutos despois anotou o segundo do partido e encamiñou o choque pouco antes do descanso.

A segunda metade arrancou cos locais na busca da sentenza, que lles permitira vivir certa tranquilidade no que restaba de partido. Contou con varias opcións de anotar o terceiro, pero foi incapaz de ver porta. O desacerto local provocou que a Arandina collese aire e gozase dalgún que outro achegamento sobre a meta do Ourense. O marcador non se moveu por parte de ningún dos dous equipos.

Os azuis sitúanse líderes, logo de que o Pontevedra non pase do empate en Langreo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade