Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF cae pola mínima no campo de Unionistas, rival directo

O Ourense CF cae pola mínima no campo de Unionistas, rival directo

Decidiu un gol de penalti de Álvaro Gómez, malia que os galegos tiveron as mellores ocasións

O cadro de Daniel Llácer queda un punto por riba do descenso

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 07/02/2026 20:25

O Ourense CF perdeu na súa visita a Unionistas, rival directe que fuxe a cinco puntos na táboa. Foi grazas a un gol solitario desde o punto de penalti.

A primeira metade rematou con vantaxe local malia a que as mellores ocasións foron para os galegos. Primeiro, cun remate arriba de Enol Coto. Despois, noutro lanzamento lonxano que detivo Marco en dous tempos. Pero, sobre todo, nunha acción clarísima no minuto 23. Avanzou Guerrero e cedeu atrás para o remate de Raúl Hernández. Repeleu Marco, e tamén o intento a boca de xerro de Rabadán, que colleu o rexeitamento.

Non entrou o gol do Ourense CF e si ía facelo o de Unionistas na primeira ocasión dos charos. Un centro desde a dereita que cortou Hugo Sanz coa man. O penalti transformouno Álvaro Gómez no un a cero

Unha primeira metade inxusta deixou paso a unha segunda en que comezou avisando Hugo Sanz cun centro que se paseou, pero no que, aos poucos, Unionistas foise facendo co control. A máis clara foi unha acción persoal de Chibozo que rematou en córner.

Despois, o Ourense CF volveuse botar á área local con centros que non atopaban rematador. Ata o minuto 84, cando Martín Ochoa si atinou a cabecear o envío de Hugo Sanz, e a pelota marchou lambendo o traveseiro. Foi a última ocasión clara dun Ourense CF que non conseguiu remontar. A derrota déixao ao bordo da zona de perigo, e a cinco de Unionistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade