Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF bate ao Mérida (3-1) no regreso ao Couto

O Ourense CF bate ao Mérida (3-1) no regreso ao Couto

Co triunfo, os galegos seguen fóra dos postos de descenso

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 14/02/2026 18:59

O Ourense Club de Fútbol festexou o regreso ao Couto cunha contundente vitoria ante o Mérida, equipo que se move pola zona alta da táboa.

Adrián Guerrero abriu o marcador no minuto 31 cun gol que paga a pena ver repetido. Marcha dos que lle saen ao paso, regatea dentro da área e supera ao porteiro cun disparo raso.

O segundo chegou a piques de chegar ao descanso, marcou Raúl, o seu primeiro tanto co equipo das Burgas. Xogada persoal, entra na área e 2-0.

Recortou o Mérida, Areso, no 66. Adiantouse a Prado e superou a Alberto. Pero non houbo tempo para que apareceran os nervios pois Martín Ochoa acadou o 3-1 só cinco mintuos despois.

O Ourense CF chega aos 28 puntos, suficientes para rematar a xornada fóra dos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade