Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. segue coa inercia positiva e manda o Avilés ao 'play out'

O Ourense C. F. segue coa inercia positiva e manda o Avilés ao 'play out'

O campión do Grupo I acaba a competición con 73 puntos, como segundo máximo goleador e como equipo menos goleado

G24.gal 05/05/2024 16:47

O Ourense C. F. non perdoa nin cando ten o obxectivo cumprido. Fixo Rubén Domínguez un equipo co que premiou a aqueles xogadores que gozaron de menos minutos pero nin así deixaron escapar a 21ª vitoria da temporada. Iso que o seu rival, o Real Avilés, se xogaba a vida deportiva. Cun punto escapaba do play out pero a derrota (0-2) manda a un dos candidatos ao ascenso ao comezo da temporada a esa eliminatoria agónica por permanecer na categoría. 

Bruno Rielo, Manu Morgade, Portela, Moha, Cristian Moreno, Bernárdez, Brais Penela. Ata sete xogadores pouco habituais no equipo titular tiveron a alternativa. O Avilés saíu por todas buscando un gol temperán que non chegou. Co paso dos minutos foi medrando o nerviosismo e o conservadorismo nos locais e o gol de Penela no 75 matou os avilesinos. Precisaban meter un gol para saír do posto de play out pero o que chegou foi o segundo marcado por Cristian Moreno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos