Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense acaba con nove e recibe o gol no último minuto

O Ourense acaba con nove e recibe o gol no último minuto

A expulsión de Amin á media hora de partido condicionou o encontro

Nino fixo o único gol despois dun gran traballo defensivo dos ourensáns

G24.gal 11/09/2022 20:16

O Ourense C. F. non puido traer nada positivo do campo de Miramar. Perdeu por 1-0 e acabou con nove xogadores. Houbo un partido durante a primeira media hora e outro moi diferente a partir dese momento. O treito inicial foi de dominio alterno, con achegamentos dos dous equipos. 

No minuto 30 foi expulsado Amin por unha pisada a un defensa do Marino. O colexiado entendeu que o xesto do dianteiro do Ourense C. F. foi intencionado. A partir de aí tocou defender o empate e case non houbo novas dos galegos en ataque. 

Ben é certo que pasaron por poucos problemas defensivos ata o gol que decidiu o partido. Meteuno Nino no minuto 88. Co Ourense arriba, o Marino argallou unha contra que lle custou a expulsión a Varela.

Estes xogadores que non poderán estar a vindeira semana co seu equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos