Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ourensán Fran Justo é o quinto adestrador destituído na Segunda División

O ourensán Fran Justo é o quinto adestrador destituído na Segunda División

O Mirandés levaba dous meses sen gañar e ocupaba postos de descenso

G24.gal 02/11/2025 13:43

O ourensán Fran Justo é o quinto adestrador destituído na Segunda División nas primeiras doce xornadas. O Mirandés ocupa postos de descenso -podería acabar na última praza dependendo do resultado do Zaragoza- e leva dous meses sen gañar. Fran Justo chegou coa difícil tarefa de substituír a Lisci, que viña de realizar a mellor temporada na historia do club. Foi unha aposta persoal de Alfredo Merino, director deportivo do cadro castelán leonés. 

O primeiro en ser destituído foi Johan Plat, no Castellón. Despois chegoulle a hora a Raúl Llona na Cultural Leonesa, último rival do Mirandés. Asier Garitano marchou o 5 de outubro no Spórting e o último en marchar fora Gabi no Real Zaragoza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos