Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Osasuna elimina o Betis na quenda de penaltis

O Osasuna elimina o Betis na quenda de penaltis

O vixente campión non defenderá o título despois de empatar 2-2 na casa

Atlético, Athletic e Valencia xa están nos cuartos de final

G24.gal 19/01/2023 07:51

O Osasuna deu a sorpresa e eliminou o Betis, vixente campión, no seu propio campo e na quenda de penaltis. Foi despois dun partido moi emocionante en que conseguiron forzar a prórroga no engadido cun gol de David García. O Betis volveu coller vantaxe no tempo suplementario pero Rubén García puxo o 2-2 definitivo e propiciou os lanzamentos de penalti.

O que segue no camiño é o Atlético que gañou 0-2 no campo do Levante, sen brillantez pero mantendo firme o rumbo para erguer o único título a que ten opcións esta temporada. Morata e Llorente anotaron os goles. 

Tamén segue o Athletic, que, nun duelo entre equipos de Primeira, derrotou o Español do galego Diego Martínez cun solitario gol de De Marcos. 

Máis doado resultou para o Valencia ante un Sporting que estreaba adestrador. Cavani (2), Kluivert e Lino puxeron un 0-4 claro e contundente que leva o equipo de Gatusso ata os cuartos de final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade