Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro volve mandar en Galicia

O Obradoiro volve mandar en Galicia

Impúxose ao Breogán na final da Copa Galicia por 68-69

G24.gal 17/09/2023 20:41

O Obradoiro volve reinar en Galicia tras dous anos de hexemonía breoganista. Os santiagueses impúxeronse por un punto nunha final que, máis que no último de preparación, se converteu no primeiro encontro de competición da temporada.

Tras un primeiro cuarto frío, que comezou cun 8-2 favorable aos lucenses, o Obradoiro reaccionou cun parcial de cero a dez que o levou a dominar por 12 a 16 ao final dos primeiros dez minutos. A temperatura subiu no segundo cuarto con dúas técnicas e descalificante a Veljko Mrsic por protestar unha falta persoal, circunstancia que aproveitaron os composteláns para marchar nove puntos arriba no marcador.

Reaccionaron os lugueses cun parcial de nove a dous que os fixo chegar ao descanso cun incerto 29-31.

Catro puntos de Sisko tras o reinicio devolvéronlle a vantaxe ao Breogán nun terceiro cuarto marcado pola igualdade, en que a achega de Blazevic, con dez dos dezanove puntos santiagueses, permitiu que se chegase ao remate deste período cun 51-50. Un oito cero de parcial ao inicio do segundo cuarto semellaba encarreirar o partido para os lucenses, que gustaban e se gustaban.

Tres puntos consecutivos de Pustovyi,  dúas triplas de Tinkle e unha canastra de Blazevic, mellor xogador e máximo anotador do encontro con 18 puntos, axudaron na remontada obradoirista, que se plantou cun 65-67 a falta de dezaoito segundos.

Un erro defensivo dos de Moncho permitiu que Jogela anotase de tres e devolvese a vantaxe aos celestes. Pero unha personal de Polite a Washington aproveitouna o estadounidense para colocar o 68-69 final, malia o intento desesperado do Breogán por lograr a vitoria.

Ao final, todos tan amigos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade