Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro vence a UCAM Murcia nun final moi apertado (81-79)

O Obradoiro vence a UCAM Murcia nun final moi apertado (81-79)

O equipo santiagués mandou na primeira metade, pero o Murcia remontou no último cuarto

Guerrero meteu a canastra decisiva, e a boa defensa fixo que a tripla do UCAM entrase fóra de tempo

Foto: EFE
G24.gal 08/04/2023 20:45

No Multiusos do SAR, o Obradoiro sumou a vitoria número 12 da temporada a costa de Murcia. Partido de bocata e litrona. Cheo de erros e, iso si, cun emocionante final. 

No primeiro tempo foron máis os erros e o despiste de Murcia e os galegos marcharon nove arriba ao descanso grazas oa poderío interior de Blazevic e o acerto de Thomas Scrubb. Sobre a buciña poñía o 38-29.

Pero a volta do intermedio, o Obradoiro deixouse ir e os visitantes metéronse na loita da man de Trice. Máximo anotador do partido con 17 puntos. O choque entrou con 58-56 no último cuarto. E aí puido pasar de todo. Co marcador igualado ata o minuto final. McFadden poñía o empate a 79 a falta de 27 segundos. Guerrero anotaba pro Obradoiro cando quedaban oito. 81-79. Bonita asistencia de Robertson. E na última xogada Murcia buscou a vitoria desde a tripla, pero McFadden enredouse e cando tirou Travis Trice estaba xa fóra de tempo. Por menos dun segundo, pero fóra. 81-79. Obradoiro sufriu, pero gañou. Non un día foi brillante pero serviu pra curtar cunha xeira de tres derrotas seguidas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade