Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro queda sen premio despois de mandar durante 35 minutos

O Obradoiro queda sen premio despois de mandar durante 35 minutos

Chegou a ter 19 puntos de vantaxe diante de Gran Canaria, pero caeu 71-69

Pagou as 23 perdas de balón e unha mala xestión dos últimos dous minutos

G24.gal 30/01/2022 23:45

O Obradoiro perdeu na pista do Gran Canaria (71-69) nun partido no que estivo por diante durante 35 minutos con vantaxes que chegaron a ser de 19 puntos.

Aproveitando a inercia do partido da semana pasada diante do Breogán o Obradoiro saíu cunha grande intensidade en defensa e en ataque. O partido mantívose igualado ata a metade do primeiro cuarto (7-11) pero acabou cun espectacular 0-15 que os puxo dezanove puntos arriba (7-26). 

No segundo cuarto tocou a versión mala. Pustovyi comezou a facer dano na pintura e o Obradoiro xa non atopaba tiros tan liberados. Aguantou ata o 20-33, pero un parcial de 11-0 meteu a Gran Canaria no partido (31-33). Ao descanso o resultado era de 33-40. 

Outra saída en tromba dos santiagueses (0-8) permitiulle coller unha nova vantaxe cómoda (33-48). Faltou consistencia para aguantala e o Gran Canaria volveu meterse no partido. A un minuto do final do terceiro cuarto volvían a igualarse as cousas (50-54). 

Xa no último cuarto o partido foi unha tirapuxa. Achegábase Gran Canaria (58-59) e respostaba Obradoiro (58-65). No intercambio de parciais os illeiros poñíanse por primeira vez por diante a 1:00 para o final (70-69). O último minuto foi nefasto para os intereses do Obradoiro, con tres perdas (24 en total) e unha derrota nun partido no que mandaron durante 35 minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos