Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro presume de internacionais para as ventás Fiba

O Obradoiro presume de internacionais para as ventás Fiba

Guerrero e Vicedo ven premiado o seu bo inicio de temporada coa chamada de Scariolo

Blazevic, os irmáns Scrubb ou Zurbriggen tamén foron convocados coas súas seleccións

G24.gal 03/11/2022 12:46

O Obradoiro presume de xogadores internacionais. O seleccionador Sergio Scariolo pousou os seus ollos en dous obradoiristas que o están a facer ben neste comezo de temporada. O ala-pivote Édgar Vicedo e o pivote Rubén Guerrero. 

Guerrero subiu os seus promedios con respecto á temporada pasada. En Santiago xoga case 18 minutos por partido con 7,3 puntos e 4,7 rebotes. Converteuse nunha peza importante na rotación interior. Vicedo goza de peores estatísticas (12 minutos, 3,3 puntos), pero a súa entrega e versatilidade chamaron a atención do seleccionador. 

Non son os únicos internacionais que ten o Obradoiro porque Lituania chamou a Blazevic, os irmáns Scrubb foron reclamados polo Canadá e Zurbriggen irá coa Arxentina. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade