Cargando resultados...
O Obradoiro non desbota a fichaxe dun base con experiencia
Malia as derrotas, a confianza en Moncho Fernández é total
G24.gal
23/01/2024 15:10
Última actualización 23/01/2024 15:23
Segundo Eduardo Pascual, o Monbus Obradoiro non desbota a contratación dun base.
"Se aparecese un base con experiencia podería ser unha incorporación".
A liga apértase e o Monbus Obradoiro está na zona perigosa. Non se acenden as alarmas no Sar, pero con seis triunfos o equipo de Moncho Fernández queda igualado co Río Breogán e co Granada. Tranquilidade é o que máis se repite en casa Obradoiro. E confianza en Moncho Fernández.
"É a persoa que lidera o proxecto. Hai que facer as cousas ben, non obsesionarse coa vitoria".
O Obradoiro viaxará a Vitoria para xogar co potente Baskonia.