Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro iguala a mellor primeira volta da súa historia

O Obradoiro iguala a mellor primeira volta da súa historia

Gañoulle por 91-86 a todo un Baskonia facendo un dos mellores partidos da temporada

O triunfo do Valencia deixounos no noveno posto, ás portas da Copa

G24.gal 22/01/2023 14:42

O Obradoiro agarda o que aconteza cos partidos do Valencia e do Breogán para saber se xoga a Copa do Rei. Cumpriu co seu cometido, e non era doado. Gañoulle por 91-86 a Baskonia nun gran partido.

Máis tendo en conta como comezou o encontro, nun primeiro cuarto de claro dominio vitoriano (11-19). Igualaron o partido os de Moncho Fernández antes do descanso. Un mate de Guerrero poñía o 25-24 e poñía por diante o Obradoiro, que chegou ao descanso con dous puntos de marxe (35-33).

No terceiro cuarto, os dous equipos amosaron a súa calidade ofensiva. Robertson (15 puntos no período) mantivo un ritmo anotador espectacular, contrarrestado polo Baskonia (61-56). Todo se decidiu nun último cuarto en que os santiagueses conseguiron marchar por riba dos dez puntos (78-67) e aguantaron ante a presión final de Baskonia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos