O Obradoiro gaña en Torrelavega e acariña o ascenso (65-95)
Os galegos abriron brecha na primeira parte cunha boa defensa e un gran Westerman
Ao descanso a diferenza era xa de 19 puntos
No segundo tempo o cadro galego impuxo o seu físico e a súa ampla rotación
Se o Leyma non gaña este domingo, o Obradoiro ascenderá á ACB
O Obradorio pasou como un furacán por Torrelavega. Cunha defensa enorme e un gran Westerman abriu rápido brecha no marcador, como si quixera amosarlle desde o incio ao Cantabria que viñan en serio e non lle ían dar opcións. Logo impuxeron a profundidade do seu cadro e a calidade fixo o resto. A diferenza foi de 19 puntos ao descanso (34-53).
No segundo tempo, os locais trataron de igualar a intensidade galega e mesmo chegaron a manexar distancias próximas aos dez puntos. Pero aí volveu aparecer a mellor versión do Obradoiro. Esa que asfixia desde o físico e afunde rivais desde o técnico e táctico. Os de Epi volveron ensanchar o marcador ata os 30 puntos finais, 65 a 95. E sempre coa sensación de facelo de xeito natural, sen esixirse un punto máis. Ese punto que gardan para o venres, no Sar, diante da sú afección onde contan con gañar a Gipúzkoa e festexar o ascenso.
Pero ollo, porque se o Leyma non vence esta xornada, xa o farán de xeito matemático este domingo.