Cargando resultados...
O Obradoiro ficha o pivote lituano Marek Blazevic por dúas temporadas
É un pivote de 2,09 metros e 20 anos e procede do Zalgiris Kaunas

G24.gal
15/07/2022 12:35
Última actualización 15/07/2022 12:39
O Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Marek Blazevic para a súa contratación para as dúas próximas tempadas. Este pivote de 2,09 metros e 20 anos procede do Zalgiris Kaunas, co que mediou esta tempada 8,9 puntos (64,1 % en tiros de dous e 68,6 % en libres) e 3,9 rebotes en 15 minutos (29 partidos) na Liga Lituania e 5,8 puntos (54,2 % en tiros de dous e 82,2 % en libres) e mais 2,6 rebotes en 12,3 minutos (27 partidos) en Euroliga.
Á súa idade acumula xa catro tempadas de experiencia na liga do seu país con Rytas e Zalgiris (campión en 2021) e en competicións europeas (Eurocup e Euroliga), e é Internacional Absoluto.