Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro ficha o estadounidense Micah Speight, exbase do Granada

O Obradoiro ficha o estadounidense Micah Speight, exbase do Granada

Galán: "A incorporación de Micah ten como obxectivo complementar, reforzar e facer aínda máis competitiva ao equipo de aquí a final de tempada"

G24.gal 13/11/2025 15:44 Última actualización 13/11/2025 15:47

O Monbus Obradoiro anunciou este xoves a incorporación do base estadounidense Micah Speight, quen chega ao equipo santiagués tras rescindir o seu contrato co Covirán Granada, co que disputou tres partidos na liga Endesa.

“É un xogador con ampla experiencia na nosa competición, pasando por diferentes equipos e formando parte de proxectos con obxectivos parecidos ao noso”, destacou o director xeral do Obradoiro, Héctor Galán.

Na tempada 2024-25, Speight xogou no Pau-Lacq-Orthez da Segunda División francesa, onde participou en 23 partidos e mediou 11,4 puntos, 4.2 rebotes e 5.6 asistencias por encontro. En España, ademais do seu paso polo Covirán, defendeu as cores de Alimerka Oviedo, Súper Agropal Palencia, San Pablo Burgos e MoraBanc Andorra, co que logrou o ascenso á ACB.

“A incorporación de Micah ten como obxectivo complementar, reforzar e facer aínda máis competitiva ao equipo de aquí a final de tempada. O xogador vén a un equipo que actualmente está a funcionar moi ben despois dun inicio irregular. O grupo foi capaz de atopar o seu mellor dinámica e de realizar partidos moi completos”, destacou Galán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos