O Obradoiro derrota o Bilbao no Sar (77-64) e suma a décima vitoria
O Obradoiro derrota o Bilbao no Sar (77-64) e suma a décima vitoria
Os de Moncho Fernández foron superiores ao seu rival en todo momento
Blazevic, Vicedo e Robertson lideraron a anotación
O Obradoiro sumou a décima vitoria da temporada no Sar. Foi diante dun rival ao que deixa a dúas vitorias na táboa.
Os santiagueses mandaron no marcador en todo momento, impoñéndose nos tres primeiros parciais e cedendo só o último, xa co partido decidido.
Blazevic foi o máximo anotador dos de Moncho Fernández con 19 puntos, achegando 23 de valoración. Escoltárono Robertson con 15 e Vicedo con 14.
Os bilbaínos acusaron a ausencia de Hakanson. Non abondaron os 14 puntos de Smith nin os 15 de valoración de Sulejmanovic.
Coa vitoria final, o Obradoiro presenta a súa candidatura a soñar con algo máis importante ca a permanencia, que xa ten na man.