Cargando resultados...
A derrota co Valencia non empana a festa do Obradoiro
O resultado (85-89) era o de menos unha vez acadada a permanencia
Gran despedida ao mítico Albert Oliver, que deixa o baloncesto con 43 anos
G24.gal
14/05/2022 23:49
O Obradoiro non puido pechar a temporada cunha vitoria fronte ao Valencia. Perderon os santiagueses por catro puntos (85-89).
Os de Moncho Fernández remontaron no último cuarto e tiveron opción de triunfo ata o final. Phillip Scrubb errou dous tiros libres que levarían o encontro á prórroga.
Kassius Robertson, con 18 puntos, e Thomas Scrubb, con 17, foron os máximos anotadores dun Obradoiro que conclúe a temporada no 15º posto con 12 vitorias.
O encontro serviu como despedida ao mítico Albert Oliver, que se despediu da práctica activa do baloncesto aos 43 anos de idade.