Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro consegue a segunda vitoria da temporada ante o Xirona de Marc Gasol

O Obradoiro consegue a segunda vitoria da temporada ante o Xirona de Marc Gasol

Os de Moncho Fernández foron moi superiores ao seu rival e levaron vantaxe durante todo o partido

O marcador final, 89-63, reflectiu esa superioridade, que recoñeceron os dous técnicos

G24.gal 08/10/2022 22:01

O Obradoiro logrou o segundo triunfo da temporada, unha clara vitoria sobre un Xirona que chegaba coa súa grande estrela, o presidente-xogador Marc Gasol, e o clásico Aíto García Reneses no banco.

Pero o equipo santiagués non se deixou cegar polo glamour do rival e marcou territorio xa desde o inicio, cun parcial de 29-13 ao remate do primeiro cuarto que deixaba ás claras a diferenza de rendemento no partido. 

No segundo cuarto houbo unha tímida reacción dos cataláns, pero o Obradoiro conseguiu manter a diferenza ao descanso.

Na segunda parte o equipo galego volveu gañar os dous parciais e estableceu a diferenza final nese claro 89 a 63. Bender comandou a notación con 18 puntos e 24 de valoración, axudado polos Scrubb e Blazevic, que tamén pasaron dos dez puntos. Marc Gasol achegou 13 puntos, que non lle serviron ao seu equipo.

Moncho FernándezAíto García Reneses coincidiron na lectura do partido. Os dous viron un Obradoiro moi superior no partido do Sar, o que se plasmou no resultado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade