Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un único controlador aéreo facía o traballo de dous o día do accidente de Washington

Un único controlador aéreo facía o traballo de dous o día do accidente de Washington

Un informe preliminar da Administración Federal de Aviación (FAA) sinala que o número de controladores no momento do sinistro "non era normal"

Os servizos de rescate recuperaron os corpos de 40 das 67 vítimas e tamén as caixas negras 

 

REUTERS / Evelyn Hockstein
G24.gal 31/01/2025 10:39

Os traballos de rescate reanudáronse tan pronto foi día en Washington. Máis de 300 efectivos buscan os corpos dos pasaxeiros que faltan, e sacan do río Potomac restos da fuselaxe das dúas areronaves pra deducir os ángulos de impacto e determinar a traxectoria e a altitude que levaban.

Os investigadores analizan tamén as caixas negras do avión. No informe preliminar, a Axencia de Seguridade no Transporte dos Estados Unidos constatou fallos na torre de control. Había unha única persoa facendo o traballo que deberían facer dúas, e controlaba ao mesmo tempo a ruta do avión e a do helicóptero.

Desde a Casa Branca insisten en que iso causou o acidente.

"O helicóptero voaba demasiado alto e esa foi unha das causas do accidente. Outras posibles causas estanse investigando", asegura ​​​​​​​Karoline Leavitt, portavoz da Casa Branca,

Nas últimas horas trascendeu que un día antes do accidente un avión de pasaxeiros tivo que abortar a aterraxe pra non chocar cun helicóptero militar. Circunstancia pola que as autoridades decidiron pechar indefinidamente o corredor de helicóptero que transcorre preto do aeroporto Ronald Reagan.

Un informe preliminar da Administración Federal de Aviación (FAA) apunta que a dotación de persoal dedicado ao control aéreo "non era normal para a hora do día e o volume de tráfico" no momento do accidente ocorrido en Washington o mércores á noite.

Medios estadounidenses que tiveron acceso a ese informe din que o escaso número de traballadores fixo que unha persoa tivera que facerse cargo de dúas tarefas á vez: o control aéreo tanto do tráfico de avións coma dos helicópteros que voan sobre a capital dos Estados Unidos.

Esa situación puxo de manifesto a escaseza crónica de persoal e as pobres condicións de traballo dos controladores aéreos nos EUA, unha situación que varios expertos e os propios traballadores denunciaron desde hai anos. 

Un estudo de agosto de 2023 do The New York Times xa alertaba de que moitos controladores se vían forzados a facer xornadas de 10 horas durante seis días á semana. A investigación fixo mellorar a situación pero non sería aínda suficiente: das 30 prazas necesarias para o Aeroporto Nacional Ronald Reagan de Washington (DCA), apenas 25 están cubertas.

Segundo The Washingon Post, as advertencias de seguridade e os escenarios de incidentes son frecuentes no ceo de Washington.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade