Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo proxecto do Celta comeza a coller forma

O novo proxecto do Celta comeza a coller forma

Unha vez que se concreten as operacións de Mingueza, Carles Pérez e Marchesín todos os esforzos centraranse no dianteiro centro

G24.gal 29/07/2022 13:39

O Celta informou onte de que tiña un acordo con Borja Mayoral e co seu axente, pero que a operación perigaba porque a familia do dianteiro, que vai ser pai, quere residir en Madrid. Mayoral foi unha petición de Coudet. Esa negociación finalmente queda cancelada. Mayoral dixo non. Segue polos Estados Unidos co Real Madrid.

Falta un ou dous dianteiros para que o Celta peche o equipo. Na portería estarían Marchesín e Iván Villar. A defensa queda composta por: Galán como o único lateral esquerdo; centrais Aidoo, Unai Núñez, Mingueza e Carlos; laterais dereitos Hugo Mallo e Kevin. Para o mediocentro Beltrán e Tapia. A remesa de centrocampista complétase con Cervi, Swedberg, Carles Pérez, Luca de la Torre, Solari, Óscar Rodríguez e Veiga. E como único dianteiro puro queda Aspas. Precisa o Celta fichar un ou dous máis.

Algunhas das opcións que o club barallaba para un futuro próximo son os puntas do AZ Alkmaar Jesper Karlsson e Pavlidis. O aveciñamento do inicio de Liga presiona ao Celta. Coudet segue amolado mentres o club informa de que é inminente a chegada de Mingueza, Marchesín e Carles Pérez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade