Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo instituto de Navia, en Vigo, será un referente e dará servizo a 700 alumnos

O novo instituto de Navia, en Vigo, será un referente e dará servizo a 700 alumnos

A Xunta de Galicia acomete un investimento de 18 millóns de euros

G24.gal 28/04/2026 20:41

Vigo vai contar cun novo instituto que estará no barrio de Navia. A Xunta de Galicia destaca que será referente en toda España pola súa construción, seguindo as tendencias da arquitectura pedagóxica, aquela que entende os espazos tamén como elementos educativos.

Levará o nome de Domingo Villar e terá capacidade para 700 alumnos. Comezará afuncionar no curso  2028-2029. O Goberno galego investe nel case 18 millóns de euros. O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destaca a aposta da Xunta de Galicia por Vigo. 

"Este edificio vai ser emblema do sistema educativo moderno da Xunta de Galicia, vai levar un nome que nos enche a todos de orgullo e vai estar aquí, en Navia, onde a Xunta está a facer un enorme esforzo investidor", indicou o presidente galego, quen lembrou a aposta pola construción de vivenda pública neste ámbito.

Acompañado polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e familiares do escritor, indicou que este instituto "servirá para honrar sempre" a memoria de Domingo Villar.

A urna que se enterrou no lugar neste acto, a modo de primeira pedra, levaba unha obra do escritor vigués, 'Ollos de Auga' varios xornais do día e un plano de Navia.

Rueda recoñeceu que o camiño ata aquí "non foi tan rápido" como se desexaba ao ter que superar cuestións alleas ao Gobierno galego, principalmente relacionadas coa tramitación das licenzas municipais e os requirimentos de organismos estatais, segundo apuntou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade