Cargando resultados...
O novo director deportivo do Celta, Luis Campos, satisfeito por non ter que buscar adestrador
Campos: "Entendo moi ben os problemas dos meus adestradores. Son un facilitador das súas tarefas"
G24.gal
26/05/2022 17:02
Última actualización 26/05/2022 17:16
O novo director deportivo do Celta, o portugués Luis Campos, falou sobre a súa flosofía de traballo no Congreso 'AK Coaches World'
“Cando cheguei ao Celta, había un adestrador con contrato (Coudet) e cun estilo de xogo que me gustaba e que gustaba á dirección do club. É o mellor para atopar o que máis encaixa na cultura e o ADN do club"
“Entendo moi ben os problemas dos meus adestradores. Son un facilitador das súas tarefas para que se concentre na organización do día a día, para que cada vez se centren no esencial: preparar o partido"