Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia Portus Apostoli logra a súa segunda Copa Galicia

O Noia Portus Apostoli logra a súa segunda Copa Galicia

Derrotou por un claro 5-1 o C. D. Lugo FS

G24.gal 18/05/2023 11:37 Última actualización 18/05/2023 11:41

Noia acolleu a celebración da Copa Galicia de fútbol sala e a de categoría masculina xa non se moveu da localidade. O Portus Apostoli fixo valer a súa condición de favorito e derrotou con claridade ao C. D. Lugo Salga (5-1), levantando así o seu segundo título autonómico e igualando na táboa histórica de campionatos o Burela FS e o Rías Baixas FS.

Pronto se puxo de fronte o partido para os noieses, ao aproveitar Lluc, no minuto 3, un pase de Pirata tras unha boa transición. O encontro tivo un gran ritmo e intensidade, cun conxunto lucense demostrando que, a pesar de ser equipo de Segunda B e medirse a todo unha Primeira División, quería plantar batalla. Así. o choque chegou ao descanso con mínima renda para o Portus Apostoli, aínda que rapidamente ampliouna tras a continuación.

En cinco minutos, Lluc xa asinara o seu dobrete e Douglas o terceiro do seu equipo. Yeray sostivo ao Lugo coas súas paradas e Antonio Diz, ex do Noia, recortou distancias. Pero Henrique non estaba disposto a que os lucenses volvesen baterlle e o desgaste físico destes e a maior experiencia dos noieses, acabaron decantando o duelo. Nun instante, Pirata e Álex García puxeron o 5-1 no luminoso para, pouco despois, dar paso á festa tras o asubío do árbitro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade