Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia perde a súa estrela e goleador; Pirata asina polo Inter Movistar

O Noia perde a súa estrela e goleador; Pirata asina polo Inter Movistar

O capitán do equipo galego anotou 42 goles nas dúas últimas campañas e marcou o gol da permanencia na última xornada

G24.gal 04/06/2025 22:12

Adrián Rodríguez Mosteirín, Pirata, deixa o Noia Portus Apostoli. O xogador máis importante e carismático da entidade dá un paso máis na súa carreira para xogar no histórico Inter Movistar. Pirata chegou a Noia en 2020 e medrou canda a entidade. Primeiro co ascenso de 2022 á Primeira División. Despois converténdose en peza fundamental da permanencia estas tres temporadas. Sobre todo as dúas últimas nas que marcou 22 e 20 goles respectivamente. 

Con 25 anos decide dar un salto importante de obxectivos enrolándose nun equipo que sempre está na primeira liña para gañar títulos. Formouse no Prone Lugo, pasou polo Santiago Futsal e seguiu a carreira preto da capital de Galicia no proxecto do Noia. Alí estarán sempre agradecidos. O seu último servizo, marcar o gol do empate na última xornada do campionato que lle permitiu ao equipo do Barbanza acadar a permanencia na elite do fútbol sala español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade