O Noia logra o seu primeiro punto con gol case sobre a bucina
O empate chegou grazas ao golazo de Ismael desde a marca de dez metros a falta de 56 segundos para o bocinazo final

O Noia Portus Apostoli FS consegue o seu primeiro punto in extremis, grazas ao golazo de Ismael desde a marca de dez metros a falta de 56 segundos para o bocinazo final.
O gardameta visitante converteuse en protagonista do tramo final, desbaratando os intentos dun Portus Apostoli desatado, que introduciría a Thierry como porteiro-xogador. Buscando unha desas xogadas, João Sáea empuxaba a Ismael sen balón e os árbitros sinalaban a sexta falta do Xaén.
O receptor da infracción colleu o coiro e, sen ningún indicio de dúbida, aloxouno desde o sinal de dez metros na escuadra esquerda do marco amarelo. Se na xornada 1 madrugou para anotar aos 7 segundos, na 2 fíxose de rogar a falta de 56 para o final. Xusto a tempo para lograr un importante punto.