Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Museo do Pobo acolle a capela ardente de Justo Beramendi

O Museo do Pobo acolle a capela ardente de Justo Beramendi

O historiador morreu en Santiago aos 82 anos

Obtivo o Premio Nacional de Ensaio por De provincia a nación: Historia do galeguismo político

G24.gal 04/07/2024 14:29

No Museo do Pobo Galego despiden un dos seus fundadores, Justo Beramendi, falecido onte en Santiago. A capela ardente do historiador abriu ás dez da mañá e un acto cívico homenaxeou o intelectual que obtivo o Premio Nacional de Ensaio coa obra De provincia a nación: Historia do galeguismo político, e foi galardoado coa Medalla Castelao no 2017.

No seu campo de estudo tamén analizou diversas figuras da cultura galega, pero unha das súas tarefas máis coñecidas foi no propio Museo do Pobo, que presidiu de 2011 a 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos