Publicador de contidos

Publicador de contidos

O músculo do Gran Canaria pasa por riba do Obradoiro (58-85)

O músculo do Gran Canaria pasa por riba do Obradoiro (58-85)

Clara vitoria dun equipo canario que conseguiu un resultado de escándalo no último cuarto

G24.gal 05/11/2022 23:12

Galicia está a ser un lugar idílico para o Gran Canaria. Gañou cunha malleira na pista do Breogán e repetiu no Sar contra o Obradoiro (58-85). 

O partido quedou definido no primeiro cuarto cun gran inicio dos visitantes (5-13) diante dun Obra que non puido contar con Westermann e que en ataque estivo moi fallón. Gran Canaria chegou a ter unha máxima de dez puntos (11-21) e as marxes pasaron a moverse por riba desa diferenza a partir do segundo cuarto. Malia que Bender se botou o equipo ás costas non conseguiu reducir as diferenzas que no descanso eran de oito puntos (29-37).

Cun Shurna moi acertado o Gran Canaria impediu calquera achegamento dos de Moncho Fernández no terceiro cuarto. Como moito puxéronse a seis pero Gran Canaria encadeaba un par de bos ataques seguidos que devolvía os dez de marxe. O terceiro cuarto rematou cun 45-58 e a sensación de que gañar ía ser imposible. 

No último cuarto o Obradoiro baixou os brazos e iso aproveitouno Gran Canaria para facer moito dano cun Balcerowski que machacou na pintura. Ao final o resultado de 58-85 reflicte a superioridade canaria. Só Bender (21 puntos e 6 rebotes) ofreceu unha boa versión nos galegos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade