Publicador de contidos

Publicador de contidos

O muíño que abriga a inspiración dun pintor

O muíño que abriga a inspiración dun pintor

Álvaro Negro rehabilitou un muíño familiar en Agolada para convertelo no seu obradoiro

G24.gal 28/11/2025 21:30 Última actualización 28/11/2025 21:39

Álvaro Negro pinta nun muíño. As paredes que no pasado foron lugar de moenda e de socialización enmarcan agora a súa creación, a súa forma de ver o mundo e de expresalo.

Álvaro defínese como "un depurador, alguén que filtra a realidade". 

"A miña abastracción está moi baseada na realidade e na historia, pero ao mesmo tempo pintar é depurar a realidade", engade.

Álvaro depurou un muíño familiar para convertelo no seu lugar de inspiración. Tan importante como pintar, como crear, é o espazo onde se crea, o diálogo entre a man do pintor e a arquitectura que o rodea. 

"Ten unha escala moi axeitada á hora de traballar, ten paredes altas e unha luz que  me fai dar conta da luz estacional, é algo inspirador para min", describe Álvaro.

O de Álvaro foi un muíño industrial que funcionaba a motor e non coa auga do río. Un muíño diferente antes e agora, despois dun proceso de transformación que o levou a conectar coas súas raíces.

 "Quizais o propio feito de volver, de rehabilitar este espazo foi unha operación de reconfiguración da miña memoria, de coller un espazo que pertencía ao meu pasado e crear unha fonte cara ao futuro".

Un futuro en que un muíño de Agolada seguirá sendo o berce desde o que Álvaro Negro interpreta o mundo a través da pintura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade