Publicador de contidos

Publicador de contidos

Exteriores insiste en que non se enviarán tropas a Ucraína, pero Podemos desconfía do PSOE

Exteriores insiste en que non se enviarán tropas a Ucraína, pero Podemos desconfía do PSOE

Albares afirma que non se mandarán soldados españois

Podemos recorda que o PSOE tamén dixera que non se enviarían tanques

G24.gal 27/02/2023 14:59

A parte socialista do Goberno insiste en que non se van enviar soldados españois a Ucraína. Para José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores, "non hai lugar a que acuda ningunha tropa de ningún país porque ningún país somos belixerantes".

Pero a parte morada da coalición segue sen fiarse. O voceiro de Podemos, Pablo Fernández, recordou hoxe que "no seu día, a parte socialista do Goberno afirmou con rotundidade que nunca se ían enviar tanques, e ao final acabáronse enviando".

Podemos insiste en que o Goberno deixe de enviar axuda militar e opte pola diplomacia para evitar, din, unha eventual guerra nuclear. 

Pero dende o PSOE desdeñan a postura de Podemos. O ministro de Asuntos Exteriores cre que "unha cousa son as opinións e outra son as decisións, que se toman cada martes no Consello de Ministros e aí o Goberno está unido".

O PP aféalles aos socios de Goberno a división neste asunto e volven pedirlle ao presidente que informe no Congreso dos Deputados do envío de armamento. "O presidente Sánchez compareceu máis veces no parlamento de Ucraína que no Congreso dos Deputados de España", dixo en conferencia de prensa o voceiro de campaña do partido, Borja Sémper.

Os populares aseguran, ademais, que o Goberno está vetando a visita de Feijóo ás tropas españolas despregadas en Letonia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade