Zelenski anuncia que se reunirá con Trump en Washington o luns
Zelenski anunciouno despois do cumio entre Donald Trump e Vladimir Putin, celebrado este venres en Alaska
A xuntanza de Alaska, que rematou sen resultados concretos, celebrouse sen a participación do Goberno ucraíno

Este sábado, a través das redes sociais, o líder ucraíno, Volodimir Zelenski, anunciou que viaxará a Washington para reunirse o próximo luns con Donald Trump. O encontro, anticipado despois da xuntanza de Trump e Vladimir Putin en Alaska, busca abrir un diálogo directo entre Ucraína e Estados Unidos sobre a paz no conflito con Rusia.
We had a long and substantive conversation with @POTUS. We started with one-on-one talks before inviting European leaders to join us. This call lasted for more than an hour and a half, including about an hour of our bilateral conversation with President Trump.
— Volodymyr Zelenskyy / Володимир Зеленський (@ZelenskyyUa) August 16, 2025
Ukraine reaffirms… pic.twitter.com/64IPVhtFaB
Á súa vez, Trump, confirmou a través de Truth Social a reunión con Zelenski o luns pola tarde no despacho oval e afirmou que
“Se todo marcha ben, programaremos unha reunión co presidente Putin”
Zelenski destacou tamén a importancia de que os líderes europeos estean implicados no proceso negociador.