Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zelenski pide unha paz duradeira e non algo que lle sirva a Putin para iniciar un novo ataque

Zelenski pide unha paz duradeira e non algo que lle sirva a Putin para iniciar un novo ataque

"Por suposto Crimea non debería cederse entón, do mesmo xeito que os ucraínos non cederon Kiev, Odesa nin Khárkov despois de 2022. Os ucraínos loitan pola súa terra, pola súa independencia", dixo o presidente ucraíno

REUTERS REUTERS
G24.gal 18/08/2025 11:01

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, dixo que unha paz para Ucraína debe ser duradeira e non un acordo que lle sirva ao líder ruso Vladimir Putin para lanzar un novo ataque, como ocorreu en 2014 tras a ocupación de Crimea e de parte do Donbás, cando Ucraína se viu forzada a ceder temporalmente parte do seu territorio.

"Todos compartimos o firme desexo de poñer fin a esta guerra de forma rápida e fiable. E a paz debe ser duradeira. Non como hai anos, cando Ucraína se viu obrigada a ceder Crimea e parte de noso leste —parte do Donbás— e Putin simplemente utilizouno como trampolín para un novo ataque", dixo Zelenski na súa conta de X tras a súa chegada a Washington para reunirse co presidente dos EUA, Donald Trump.

Tampouco, segundo Zelenski, debe repetirse a situación de 1994, cando Ucraína recibiu unha serie de garantías de seguridade -a cambio de entregar as súas armas atómicas- que non funcionaron.

"Por suposto Crimea non debería cederse entón, do mesmo xeito que os ucraínos non cederon Kiev, Odesa nin Khárkov despois de 2022. Os ucraínos loitan pola súa terra, pola súa independencia", dixo o presidente ucraíno.

"Agora, os nosos soldados tiveron éxito nas rexións de Donetsk e Sumy. Confío en que defenderemos a Ucraína, garantiremos eficazmente a seguridade e que o noso pobo sempre estará agradecido ao presidente Trump, a todos nos EUA e a cada socio e aliado polo seu apoio e a súa asistencia", subliñou.

Rusia debe poñer fin a esta guerra, que ela mesma iniciou. E espero que a nosa forza conxunta cos Estados Unidos e os nosos amigos europeos impulsen a Rusia cara a unha paz verdadeira", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade