Cargando resultados...
O Ministerio conta con abrir a próxima semana o desvío provisional da A-6
A obra permitirá acortar o percorrido que os vehículos fan agora mesmo pola vella estrada Nacional desde a derruba do viaduto do Castro
G24.gal
15/07/2022 12:24
O desvío para axilizar a circulación en Pedrafita podería estar operativo a próxima semana.
En principio, as previsións apuntaban a agosto, pero os traballos avanzan a bo ritmo e o Goberno quere que quede aberto antes do festivo do 25 de xullo. O obxectivo é circular o maior tempo posible pola A-6, reducindo o percorrido pola Nacional. E o seguinte paso sería liberar o tráfico do centro de Pedrafita.
Tras o derrubamento do viaduto, están pasando polo centro da vila unha media de dez mil vehículos diarios.