Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mercado do peixe acusa os efectos do temporal no mar

O mercado do peixe acusa os efectos do temporal no mar

A escaseza de produto levou a que os postos de venda tiveran este xoves á mañá pouca actividade e mesmo que non abriran 

Imaxe do mercado de abastos de Pontevedra este xoves, con numerosos postos de venda de peixe pechados
G24.gal 09/01/2025 13:55

O que os pescadores da baixura non puideran traballar ou facelo moi limitadamente martes e mércores tradúcese hoxe en pouca oferta de marisco e peixe en numerosas prazas. Exemplo disto vese na de Pontevedra, onde só unha minoría mantiña a actividade.

"En Marín, o martes aínda saíron tres barquiños. O que fixen foi mercar para onte e para hoxe. Senón non podería vir. O que fixen foi mercar antonte para onte e máis para hoxe", explica Santiago Pesqueira, propietario de Pescados e Mariscos Cachadas.

"O pouco que hai é fresquiño, pero moi pouco", asegura Loita de Cambados no seu posto de venda da praza de Pontevedra onde fala dos prezos: "Baixou. Mesmo o marisco xa empezou a baixar, catro euros a ameixa en prezo. Tampouco sabemos como estaría o linguado ou rodaballo, porque tampouco temos neste momento na praza", di Lolita.

Cachadas mesmo augura que coa normalización da actividade no mar virá unha baixada xeral dos prezos. Todas as vendedoras acusan a escaseza de capturas: "Para a semana se veñen os barcos, isto vai baixar moito. Pero fixo. (Hoxe) Temos moi boa lura ao prezo que tivemos nas festas: dezaseis euros".

"Eu sempre recomendo o meu produto estrela, que é o choco de Cambados", di Lolita, e engade: "Mantense nos quince euros".

Entre a clientela, din que moita menos da habitual, opinión diversa sobre os prezos. "Seguramente levemos algunha robaliza para comer na casa. O prezo paréceme razoable", di un comprador, mentres que outra di: "Veño mercar un xurelo e está carísimo, a dez euros o quilo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade