O mercado de roupa de segunda man duplicará o da moda rápida en 2030
Ademais dun xesto ambiental, os usuarios buscan aforrar e pezas únicas
Un estudo elaborado por unha axencia de comunicación prognostica que en 2030 o mercado de segunda man duplicará o da moda rápida.
Segundo Greenpeace, o 40 % da roupa que mercamos non a chegamos a estrear nunca e hoxe mercamos un 60 % de pezas máis que hai 15 anos. O aforro e a conciencia ambiental explican a auxe das tendas de segunda man, pero tamén porque aquí é posible atopar pezas únicas.
A industria téxtil é a segunda máis contaminante do mundo, entre outras cousas, porque só o 19 % das pezas se reutilizan. Mercar roupa de segunda man é tendencia e case un imperativo ambiental e económico.
Ademais, as persoas que máis saben de moda aseguran que a calidade das pezas que se fabricaban hai varias décadas supera os patróns actuais.
O comercio electrónico é un gran mercado para a segunda man pero as tendas que manteñen un escaparate aseguran que venden máis en contacto co público.