Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mercado de Discos no Noroeste trae á Coruña este ano máis de 20.000 discos e CD

O Mercado de Discos no Noroeste trae á Coruña este ano máis de 20.000 discos e CD

 Unha delicia para coleccionistas e amantes da música, dos seus mitos e da súa historia

Máis de 20.000 unidades de vinilos e CD
G24.gal 08/08/2025 15:08 Última actualización 08/08/2025 17:37

Máis de 20.000 unidades de vinilos e CD, de todas as épocas e estilos, e mesmo discografías completas dalgúns artistas de culto. Pódense ver estes días no mercado de Santo Agostiño da Coruña. Unha delicia para coleccionistas e amantes da música, dos seus mitos e da súa historia. 

É tempo de baixar a agulla e de remexer e remexer entre máis de 20.000 discos, ás veces na busca de sons que nos transporten aos vellos tempos ou de formatos tanxibles que permitan escapar da volatilidade dos tempos actuais.

E este ano, na 4ª edición, a feira incorpora un espazo para as portadas do ilustrador Fausto Isorna.

"Desde The Stooges ata As Grecas, Fausto Isorna escoitaba os discos mentres debuxaba as portadas na hora do almorzo. A expo leva o título de ReDiscOver, e quere ser tamén un chamamento aos novos ilustradores, para que debuxen portadas que expoñeremos o ao que vén", contounos Nonito Pereira, o organizador de Discos do Noroeste 

Un mundo que esta tarde e mañá segue aberto no segundo andar do mercado de Santo Agostiño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade