Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mellor mural do mundo está en Cambre

O mellor mural do mundo está en Cambre

A obra de Mon Devane competiu con murais de todo o mundo no certame internacional Street art Cities

G24.gal 17/08/2022 21:39

O mellor mural do mundo está en Galicia, en Cambre, e foi pintado polo artista urbano ourensán Mon Devane.

A escasos metros do mural vive Xosé antonio Touriñán. Vémolo na pintura caracterizado como o personaxe de Fedentestas, inmortalizado por Wenceslao Fernández Flórez na súa obra O bosque animado.

Varias coincidencias están detrás desta obra. A primeira, que Mon Devane e Touriñan son amigos. Súmase que o actor vive preto do mural, e que o lugar ten relación coa obra de Wenceslao Fernández Flórez.

O artista precisaba dunha imaxe fotográfica do actor para levala á parede.

Devane enviou o mural ao certame internacional Street art Cities para ser a mellor do mes de xullo, e pasou un primeiro filtro de cen obras, e logo outro de só 25 finalistas. E gañou, competindo cos mellores do mundo.

A aceptación entre a veciñanza é do máis positiva.

Creador de arte urbana e retratos desde o 2003, Devane foi evolucionando ata a simplificación cromática nos sprays, empregando unha paleta de cores reducida.

Sete obras súas decoran o Camiño de Santiago. Tamén coñecen a súa arte en tres continentes. O Fendetestas Touriñán competirá tamén por ser o mellor mural do ano. Hai garantía de éxito se leva a sinatura de Mon Devane.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos