Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés xogará as semifinais da Copa

O Mecalia Guardés xogará as semifinais da Copa

Derrotou por 26-31 a Granollers cun gran partido de Paula Arcos

Nas semifinais enfrontarase ao favorito para o título, o Bera Bera

G24.gal 29/04/2022 19:29

O Mecalia Guardés xogará a semifinal da Copa da Raíña logo de derrotar o Granollers por 26-31 despois de dominar o marcador case todo o partido. Paula Arcos foi a máxima realizadora con 9 tantos.

Logo dun comezo igualado (4-4 min. 9) o Mecalia deu o primeiro golpe no partido cun parcial de 1-6 poñendo cinco goles de vantaxe (5-10). Conducidas por unha maxistral Paula Arcos (6 goles na primeira parte) o equipo galego anotou con moita facilidade e chegou ao descanso con esa marxe de cinco tantos (12-17) logo de chegar a ter unha máxima diferenza de seis. 

Na segunda parte o Mecalia pasou por un momento crítico. Parecía dominar con facilidade (14-20) pero o equipo do Granollers fixo un parcial de 6-0 que deixou o partido igualado (20-20) a 17 minutos para o final. Pero no momento máis complicado o Mecalia replicou ese parcial e acadou un 0-6 que volveu a poñer as cousas no seu sitio e deixou a eliminatoria de cuartos encamiñada (20-26, minuto 50). 

A partir dese intre houbo intercambio de golpes entre os dous equipos que lle valeu ao Mecalia Atlético Guardés para meterse nas semifinais. O rival será o poderoso Bera Bera que se impuxo ao Aula de Valladolid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade