Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés pon toda a súa enerxía na fase final da Copa da Raíña

O Mecalia Guardés pon toda a súa enerxía na fase final da Copa da Raíña

Despois de quedar eliminadas nos cuartos de final da liga centra todos os seus esforzos en facer unha boa fase final da Copa

Este venres (18:15 horas) enfróntase ao Beti Onak na eliminatoria de cuartos

G24.gal 08/05/2026 09:17

O Mecalia Guardés afronta esta fin de semana a Copa da Raíña de balonmán. Comezará diante do Beti Onak (venres, 18:15 horas) no Donostia Arena o traxecto nunha competición curta na que agarda despregar o seu mellor xogo para ter opcións de levar o primeiro título copeiro da súa historia. 

O camiño lévao polo lado do cadro do Rocasa Gran Canaria, co que podería medirse en semifinais e evitaría ao gran favorito e anfitrión -o Bera Bera- ata a gran final. Ana Seabra pretende que o grupo se recupere do golpe anímico que supuxo a eliminación nos cuartos de final da liga diante do Porriño. 

Pero ao longo da temporada o Mecalia demostrou que neste tipo de torneos se move ben. Chega con ver os resultados na EHF European Cup na que acadaron un posto na gran final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade