Publicador de contidos
Publicador de contidos

O maratón falará galego en París: Ester Navarrete e Tariku Novales, confirmados

O maratón falará galego en París: Ester Navarrete e Tariku Novales, confirmados

O atleta de Noia logrou a mellor marca dun español na historia da especialidade

A viguesa conseguiu a praza olímpica no primeiro maratón en que participou

G24.gal 19/03/2024 21:01

Galicia xa ten dous novos deportistas confirmados para os Xogos Olímpicos de París: os plusmarquitas Tariku Novales e Ester Navarrete. Así o confirmou este martes a Real Federación Española de Atletismo.

Ester Navarrete, de 33 anos, logrou o billete para París de forma automática tras gañar no maratón o último campionato de España en Sevilla, en que logrou a vitoria cun tempo de dúas horas, vinte e catro minutos e corenta segundos, a segunda mellor marca española da historia e mínima olímpica.

Pola súa banda Tariku Novales, noiés de 26 anos, rexistrou o pasado mes de decembro no maratón de Valencia o récord nacional da especialidade con dúas horas, cinco minutos e corenta e oito segundos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar