Cargando resultados...
O manchego Juan Carlos Calero será o home forte de Luís Campos no Celta
Exxogador e técnico no Albacete, estivo traballando na escola de Iniesta no Xapón
Actuará como man dereita do asesor portugués no club
G24.gal
17/03/2022 16:09
Juan Carlos Calero será o home de confianza de Luis Campos no Celta de Vigo. Segundo adiantaron hoxe na Zona mixta da Radio Galega, é o elixido polo novo asesor externo do club para actuar como o seu principal representante dentro da entidade.
Calero, exxogador do Albacete, chegou a ser segundo adestrador nese equipo co galego Luis César Sampedro. Agora vén de traballar no Xapón, onde estivo como técnico na escola de Andrés Iniesta.
Juanki, na súa recente etapa en Xapón