Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mal tempo, lonxe de provocar cancelacións, serve de estímulo para a chegada de visitantes

O mal tempo, lonxe de provocar cancelacións, serve de estímulo para a chegada de visitantes

Os aloxamentos de natureza, os de pequena capacidade e os alternativos están recibindo moitos turistas estes días de ponte

G24.gal 06/12/2021 21:47

Sacarlle fotos ao mar, inmortalizar un temporal ou deixarse empapar por unha onda pode ser parte, está sendo parte, de feito, do atractivo que ofrece visitar Galicia no inverno.

Moitos aloxamentos familiares, de pequena capacidade, de natureza, están completos nesta ponte. Contan que o ano pasado si que notaron cancelacións, pero esta vez nin as previsións de choiva cambian os plans dos visitantes.

Contan algúns dos xestores de madeira, de cabanas, que os visitantes, ademais de valorar positivamente os espazos abertos, buscan non compartir con outros turistas os espazos dos hoteis. Buscan intimidade, pero tamén aumentar a protección contra o coronavirus. 

Ademais de moitos outros atractivos, un temporal, unha tarde de chuvia ou unha fin de semana de mal tempo, situacións que antes levarían a cancelar unha viaxe, agora son, para moitos dos que visitan Galicia no inverno, un valor engadido, unha experiencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade