Publicador de contidos

Publicador de contidos

O luns remata a vacinación das persoas maiores de 80 nos grandes recintos

O luns remata a vacinación das persoas maiores de 80 nos grandes recintos

Esta fin de semana comezou a vacinación na franxa de idade de 70 a 79 

A vindeira semana empezan a citar os maiores de 80 nos centros de saúde

G24.gal 16/10/2022 14:36 Última actualización 16/10/2022 15:07

Arredor de 4.500 persoas están citadas este domingo no recinto de vacinación do Gaiás, en Compostela. Estanse xa a solapar axendas, citando a maiores de entre 80 e 84 anos xunto cos da franxa de idade de 70 a 79. Hoxe tamén acudiron algunhas persoas de máis de 60 con patoloxías importantes.

"Por iso ampliamos os postos que temos na sala para asumir este aumento de citación", di María Xosé Parrado, enfermeira e coordinadora da vacinación na Cidade da Cultura.

Cos maiores de 70 anos continúa tamén a flexibilidade horaria e no día da vacinación. 

"Se non poden vir no día que están citados, poden vir xunto coa súa muller ou cun veciño, que non se lles vai negar a vacina", lembra María Xosé Parrado.

Esta campaña está a contribuír ademais a aumentar a adherencia á vacina da gripe. A maioría tamén a recibía xunto á da covid, aínda que uns poucos a rexeitan.

"Porque nunca tiven a gripe", asegura unha usuaria.

"Eu puxen as dúas e así afórrolle traballo á enfermeira do meu centro de saúde", di outro.

Continúa tamén o circuíto de coches para a vacinación nunha carpa para todas aquelas persoas que veñan recibir a cuarta dose e a da gripe e que teñan mobilidade reducida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos