Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume obriga a desaloxar preto de mil veciños en Folgoso do Courel

O lume obriga a desaloxar preto de mil veciños en Folgoso do Courel

Son as aldeas de Sobredo, Seceda, Mercurín, Ferreirós, Parada, Moreda, Seoane, Meiraos, Vilasibil, Miraz, Paderne e Pedrafita do Courel

G24.gal 19/07/2022 10:25

A evolución dos dous incendios que seguen activos no municipio de Folgoso do Courel obrigou a ordenar o desaloxo de máis núcleos de poboación nas últimas horas como medida de prevención, para evitar que o lume ou o fume poidan afectar os residentes nesas aldeas.

Veciños do municipio manifestaron que este luns foran desaloxadas practicamente todas as aldeas na zona sur do municipio, incluída a propia capital municipal. Subliñaron que nas últimas horas o lume se desprazou tamén cara á zona norte e obrigou a evacuar unha ducia de núcleos de poboación que ata o de agora non se viu afectada.

Son as aldeas de Sobredo, Seceda, Mercurín, Ferreirós, Parada, Moreda, Seoane, Meiraos, Vilasibil, Miraz, Paderne e Pedrafita do Courel. Nalgún deses núcleos, foron evacuados os nenos e as persoas maiores, pero a xente nova quedou na aldea para tratar de defender as casas do lume se finalmente chega a presentarse.

O lume calcinou a aldea de Vilar, un emblema do Courel, e tamén provocou danos en casas da de Río dos Bois, no municipio veciño da Pobra do Brollón. Por mor do lume, preto dun milleiro de persoas víronse obrigadas a deixar momentaneamente o seu fogar.

Hai persoas recollidas en Samos, A Pobra do Brollón e Triacastela. A alcaldesa de Triacastela Olga Iglesias informou de que nas últimas horas chegaron ao seu municipio outras vinte persoas procedentes do Courel. Ao redor de medio centenar fan noite no pavillón municipal, mentres que outras vinte, xente maior que ten outras necesidades, foron situadas noutros aloxamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade