Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo utilizou 35 futbolistas esta tempada, máis ca nunca

O Lugo utilizou 35 futbolistas esta tempada, máis ca nunca

O último en participar foi o porteiro costarriqueño Patrick Sequeira

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 08/05/2023 17:09 Última actualización 08/05/2023 17:14

O Lugo utilizou esta tempada, na que poñerá fin a un ciclo de once cursos consecutivos na Liga SmartBank, a 35 futbolistas no campionato de Liga, máis que nunca. Co debut do porteiro costarriqueño Patrick Sequeira, os catro adestradores que pasaron polo banco do Lugo empregaron a máis de trinta de xogadores para tentar lograr o obxectivo da permanencia, inalcanzable desde fai un par de semanas.

Todos os futbolistas do primeiro persoal tiveron protagonismo no terreo de xogo e tamén algúns do filial. O que máis minutos disputou é o gardameta Óscar Whalley, o único que, xunto ao lateral Miguel Loureiro, supera os 3.000 minutos. Tamén tiveron protagonismo Zé Ricardo, Alberto Rodríguez, Sebas Moyano, Xavi Torres, Josep Señé, Pablo Clavería, Jaume Cuéllar, Chris Ramos (traspasado ao Cádiz), Manu Barreiro, El Hacen, Baena, Carbó, Juanpe, Calavera, Andoni López, Javier Avilés, Neyder Lozano (cedido en xaneiro), Gui Guedes, Lebedenko (traspasado ao Deportivo), Pantic, Bruno Pirri, Jesús Fernández, Álex Pérez, Idrissa Thiam, Castrín, Scepovic, Vidal, Cotos, Antonetti, Álex Ramos, Joselu Moreno e Christian Martínez.

O equipo que máis tempadas consecutivas leva no fútbol de prata nunca tivera tantos protagonistas no céspede. Na tempada 2019/20 chegou a empregar a 33, dúas deles, porteiros; e en dúas campañas, a 2013/14 e a 2015/16, o Lugo só deu protagonismo a 23 xogadores, incluíndo aos porteiros, utilizou 24 na 1992/93, 27 na 2012/13 e 2016/17, 28 na 2014/15, 29 na 2020/21 e 2021/22, 30 na 2017/18 e 31 na 2018/19.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos