Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo terá a proba o central serbio Aleksandar Pantic

O Lugo terá a proba o central serbio Aleksandar Pantic

Ten 30 anos e experiencia na Liga logo do seu paso polo Vilarreal, Alavés, Córdoba, Éibar e Cádiz

G24.gal 16/11/2022 07:22

O Lugo anunciou a incorporación á dinámica de traballo do equipo do central serbio Aleksandar Pantic, que se atopaba sen equipo despois dunha experiencia no fútbol polaco. O xogador, de 30 anos, podería ser esa peza que lle fai falta na liña defensiva ao equipo de Hernán Pérez. 

Pantic ten experiencia na Liga. Foi fichado en 2013 polo Vilarreal procedente do Estrela Vermella. Tivo pouca participación e marchou a Córdoba e Éibar, onde si gozou da confianza dos adestradores. Tamén estivo no Alavés e no Cádiz, aínda que a súa achega foi moi escasa. Nas últimas temporadas o Serbio xogou no fútbol de Chipre e tivo unha última experiencia no Zaglebie de Polonia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade