Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo reencóntrase co Granada, o último equipo ao que derrotou

O Lugo reencóntrase co Granada, o último equipo ao que derrotou

O conxunto galego leva 18 partidos sen gañar, todos os de 2023

Foto @CDeportivoLugo Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 09/05/2023 15:48 Última actualización 09/05/2023 15:53

O Lugo reencontrarase o sábado co último equipo ao que derrotou, o Granada, ao que superou (1-0) no Anxo Carro fai case cinco meses, xusto antes de iniciar a súa peor serie histórica de resultados., a que provocou o descenso.

O conxunto galego leva 18 partidos sen gañar, todos os de 2023, desde aquela vitoria ante os andaluces o 17 de decembro de 2022 cun gol do lateral Miguel Loureiro no primeiro cuarto de hora de encontro e, no banco, con Fran Justo, o segundo adestrador dos catro que tivo o equipo esta tempada.

Esa serie negativa que lle custou o descenso tentarán rompela os xogadores de Íñigo Vélez de Mendizábal a próxima fin de semana na súa visita ao Novo Os Cármenes. O Lugo visitou o Granada en tres ocasións, dúas no fútbol profesional, e o balance é de dúas derrotas e un empate, o que logrou o equipo galego o 26 de agosto de 2018 (1-1) na segunda xornada do curso. Nese partido, Puertas adiantou os granadinos no primeiro período e Lazo empatou para os lucenses no segundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos