Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo queda ás portas de puntuar en Can Mises

O Lugo queda ás portas de puntuar en Can Mises

O Eivissa levou o triunfo (3-2) con dous goles dun vello coñecido, Cristian Herrera, e outro de Nolito

Os goles de Juanpe e Baena non lles abondaron aos albivermellos

G24.gal 02/10/2022 22:58

O Lugo perdeu en Can Mises nun partido en que o Eivissa foi máis efectivo. Os de Hernán Pérez recibiron o primeiro tanto nada máis comezar o encontro. Só ían sete minutos cando un vello coñecido, Cristian Herrera, transformaba un lanzamento directo de falta en colaboración co poste lugués.

O equipo galego tamén tivo as súas accións de perigo, e nunha delas conseguiu empatar. Foi despois dun penalti sobre Cuéllar que transformou Juanpe. Era o treito final da primeira parte, pero, aínda antes do descanso, os albivermellos recibiron dous mazazos. O primeiro, o 2 a 1 que marcou Nolito pouco despois, cun remate marca da casa. E o segundo, cando Chris Ramos tivo que deixar o campo por lesión.

Na segunda parte houbo unha acción clave. Un gol anulado a Baena por fóra de xogo. Puido ser o tanto do empate pero, xusto a seguir, Cristian Herrera non perdoaba. Anotaba o segundo gol da súa conta, un tres a un que deixa o partido moi costa arriba.

Malia a todo, Baena conseguiu marcar o 3-2 nunha boa combinación xa no tempo de compensación. Quedaba so un minuto e o Lugo aínda tivo a última a balón parado, pero non puido lograr o empate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar